O AMPA do Colexio Franciscanos é unha asociación formada por familias que traballan de maneira voluntaria para apoiar o centro, fomentar a participación das nais e pais e contribuír á mellora da vida escolar do alumnado.
Os nosos obxectivos son:
Promover actividades culturais, deportivas e sociais para as familias. Favorecer a comunicación entre o centro e as familias. Organizar eventos ao longo do curso, como o Magosto, festivais, obradoiros ou charlas formativas. Apoiar proxectos educativos que beneficien ao alumnado. Representar as familias nos distintos órganos do centro.
O noso traballo é posible grazas ás achegas e colaboración das familias socias. Cada apoio suma e axúdanos a seguir medrando como comunidade.
Se queres participar, facer unha proposta ou resolver calquera dúbida, estaremos encantados de escoitarte.
