🎄 Mercadiño de Nadal no colexio 🎄
Hoxe celebramos no colexio o noso tradicional Mercadiño de Nadal, unha iniciativa coa que queremos recaudar fondos para a excursión de fin de curso do alumnado de 4º da ESO 🎒🎓.
Ademais, puxemos en marcha un Banco de Uniformes do Cole, grazas ás doazóns realizadas por nais e pais 👕🤝, pensado para que poidan facer uso del as familias que o necesiten.
Xunto ao banco de uniformes haberá tamén unha caixa de donativos económicos, de carácter totalmente voluntario, para quen queira colaborar 💖. Calquera achega axuda e é benvida.
Dende a ANPA queremos agradecer a participación e a colaboración de toda a comunidade educativa, facendo posible iniciativas baseadas na solidariedade e na axuda mutua 🌟.
Grazas por estar aí e por colaborar! 🎄✨
