Estimad@s soci@s:
Desde a Asociación informámosvos de que imos iniciar a recollida de xoguetes e libros para recaudar fondos para a excursión d@s alumn@s de cuarto da ESO no xa tradicional Mercado de Nadal, que se celebrará no colexio o xoves día 18 de decembro, a partir das 16:30 h.
Solicitamos a vosa colaboración para doar catro tipos de agasallos:
libros, que non sexan de texto nin do plan de lectura do colexio, senón lectura de ocio, tanto infantil como de adultos xogos didácticos para idades entre os 3 e os 16 anos xoguetes adornos de Nadal
Pedímosvos que as vosas doazóns estean en bo estado para poder poñelas á venda, aínda que xa foran utilizadas.
Poderanse traer desde o luns 1 ata o venres 12 de decembro, ambos incluidos, no horario de secretaría.
Agradecémosvos de antemán a vosa colaboración e animámosvos a traer o maior número posible de agasallos para axudar @s alumn@s e, o día do Mercado, a mercar algún.
Aproveitamos tamén para comunicarvos que, durante o mercado, haberá un “banco de chándales e uniformes” para doar a todas aquelas familias que o necesiten.
