Chega o noso Magosto, unha das festas máis queridas do outono!
Este xoves 14 de novembro, convidámosvos a todos e todas —nenos, nenas e familias— a compartir unha tarde chea de música, alegría e saborosas castañas asadas.
🕓 Horario: de 16:30 a 19:00
📍 Lugar: Soto da Praza de Abastos
Contaremos coa actuación especial de Paco Pakolas, que nos fará cantar e bailar con temas cheos de diversión e boas vibracións 🎸🎵
Non faltedes! Será unha tarde perfecta para celebrar xuntos o outono e gozar en familia 🌰🍁

