
Dende o ANPA Franciscanos comunicamos que somos beneficiarios das subvencións que a Deputación de Lugo concede dentro do programa de formación rural «Da Escola á Granxa 2024», tal e como se recolle no BOP do pasado 24 de maio. As visitas concedidas son ás seguintes granxas:
- Airas Moniz
- SAT O Palomar (2 visitas)
- Pazo de Vilane
Poñerase en coñecemento do colexio para organizalas de cara ó primeiro trimestre do próximo curso.
A continuación resumimos os obxectivos deste programa:
Na Liña 13.1 – Agricultura, gandería e pesca, do Plan Estratéxico de Subvencións 2023-2025, da Deputación Provincial de Lugo, aprobado por Acordo da Xunta de Goberno do 20 de xaneiro de 2023, está previsto, como obxectivo estratéxico, a promoción do desenvolvemento dos sectores agrícola, gandeiro e forestal, como sectores estratéxicos da economía da provincia, co fin último de propiciar as condicións óptimas para que se produza unha fixación real da poboación no medio rural.
As subvencións que se convocan contribúen ao logro do obxectivo específico de execución de programas que teñan as finalidades de: educación e concienciación, a través da promoción de accións encamiñadas a que os/as mozos/as do rural adquiran unha maior autoestima, mudando a idea que teñen de marchar e escapar do fogar rural familiar; incluído na dita Liña 13.1 – Agricultura, gandería e pesca.
A maior parte da sociedade entendía o rural como un espazo ao que ir na fin de semana, por conservar valores tradicionais e naturais moi importantes. Pero, por desgraza, a visión actual dos espazos rurais é negativa e problemática, o que obriga a mudala antes de que sexa demasiado tarde.
Programas de visitas guiadas dende os centros de educación infantil e primaria provinciais ata as granxas permitirán dignificar e poñer en valor o traballo dos/das nosos/as agricultores/as, para que os rapaces poidan coñecer o papel fundamental que teñen para o mantemento da biodiversidade do territorio, da paisaxe e da tradición agraria, como elemento de identidade da nosa cultura. Temos que afastar o estigma social da baixa autoestima que os propios agricultores/as e gandeiros/as lles transmiten ás xeracións vindeiras.
Aquí pódese consultar o BOP do pasado 24 de maio.