Dende a ANPA queremos agradecer a todas as familias a súa participación na festa de Entroido, así como o bo ambiente e a implicación mostrada durante a xornada.
Non obstante, queremos lembrar a importancia de respectar as normas de acceso establecidas para este tipo de actividades. Ao tratarse dun espazo público cedido para o evento, establécese un punto de entrada controlado co obxectivo de garantir que asistan unicamente as familias socias previamente inscritas, por cuestións de organización, seguridade e equidade para todas as persoas apuntadas.
Na última celebración detectouse a entrada de persoas por accesos alternativos sen control previo e sen constancia de inscrición. Rogamos encarecidamente que en futuras actividades se respecte o punto de acceso habilitado e o sistema de inscrición, xa que está establecido precisamente para evitar este tipo de situacións.
Así mesmo, lembramos que se trata dunha festa infantil, na que participan nenos e nenas de diferentes idades, polo que se agradece que a vestimenta e os disfraces sexan acordes ao carácter familiar do evento, evitando representacions de sustancias nocivas para a saúde.
Agradecemos a comprensión e colaboración de todas as familias para que as próximas actividades se desenvolvan con normalidade e poidamos seguir ofrecendo espazos seguros e agradables para todos e todas.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
A Xunta Directiva da ANPA
