Charla nutrición infantil

Queridas familias,

Queremos compartir convosco algunhas fotos da charla sobre nutrición infantil celebrada recentemente no centro.

Foi unha actividade moi interesante na que puidemos aprender pautas sobre alimentación saudable, ideas prácticas de menús e mesmo desfrutar dun pequeno obradoiro no que os nenos e nenas participaron preparando algunhas receitas.

Dende a Anpa queremos agradecer especialmente a Marta, a nutricionista, pola súa profesionalidade, cercanía e polo contido tan útil que nos achegou.

Grazas a todas as persoas que asistiron e fixeron posible a actividade.