Desde a ANPA convidámosvos a unha interesante charla nutricional dirixida a nenos e nenas, que terá lugar o mércores 11 de febreiro ás 18:00 horas no salón de actos do colexio.
A sesión estará impartida pola nutricionista Marta Pérez Fandiño, quen achegará aos máis pequenos, dun xeito ameno e adaptado á súa idade, a importancia de adquirir hábitos alimentarios saudables dende a infancia.
👩🍳🧑🍳 O taller contará cunha parte práctica, na que os nenos e nenas poderán participar activamente, aprender xogando e descubrir que comer ben tamén pode ser divertido.
📍 Lugar: Salón de actos do colexio
🕕 Hora: 18:00 h
📅 Data: Mércores, 11 de febreiro
Agardámosvos para compartir unha tarde diferente, educativa e moi saborosa 😄✨

