📢 Desfile Arde Lucus – Colexios | 25 Aniversario 🏛️

Dende o ANPA informamos que este domingo 21 de xuño terá lugar o tradicional desfile de Arde Lucus dos colexios, unha cita moi especial este ano ao celebrarse o 25 aniversario do Arde Lucus 🎉

🕚 Convocatoria: arredor das 11:00 h
🕦 Saída do desfile: 11:30 h
📍 Lugar de saída: rúa San Marcos , á altura do Tiger

📌 Importante:

  • É obrigatorio acudir caracterizados de romanos, empregando os cores do colexio.
  • Pregamos puntualidade para facilitar a organización do grupo.
  • Enviamos xunto a esta comunicación un plano explicativo do punto de saída para que vos poidades situar con facilidade.

🎥 O Concello realizará unha gravación do desfile, incluíndo os estandartes dos colexios. Os nenos e nenas que participen nas zonas próximas aos mesmos é moi probable que aparezan nas imaxes, que poderán ser publicadas nas redes sociais oficiais.
👉 Se algunha familia non desexa que os seus fillos/as aparezan nestas imaxes, recomendamos telo en conta á hora de situarse no desfile.

Animámosvos a participar nesta xornada tan especial e a desfrutar do ambiente único do Arde Lucus 🏺🔥

Vémonos o domingo!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *