📢 Charla para familias: Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade

Dende a ANPA do Colexio Padres Franciscanos de Lugo informámosvos da celebración dunha charla formativa dirixida a todas as familias do centro.

🗓 Data: Mércores, 4 de marzo de 2026
🕓 Horario: De 16:00 a 17:30 horas
📍 Lugar: Salón de actos do colexio

🧠 Contido da charla

Baixo o título “Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade”, abordaranse aspectos fundamentais para acompañar aos nosos fillos e fillas no uso responsable da tecnoloxía, entre eles:
• Establecemento de límites saudables no uso de dispositivos.
• Estratexias para supervisar sen invadir a privacidade.
• Fomento de hábitos seguros e críticos ante a tecnoloxía.
• Ferramentas de acompañamento parental.

Esta actividade está aberta a todas as familias do centro e pretende ofrecer recursos prácticos para afrontar os retos da educación dixital na actualidade.

Agardamos contar coa vosa asistencia.