Estimadas familias,
Xa se sente o arrecendo a Roma e Castrexo! Se estades a preparar a vosa vestimenta e queredes participar nas actividades, pasade pola secretaría do colexio:
- 🧵 Vestimenta: Se alguén precisa tea para os traxes, temos información dispoñible.
- 🎪 Circo Romano: Xa podedes anotarvos para as entradas do circo. (Só para nais, pais e nenos que participan no desfile)
- 📝 Inscrición: Tedes as follas para cubrir e toda a información detallada en Secretaría.
Non o deixedes para última hora, que o tempo voa máis rápido que unha frecha castrexa! 🏹
ANPA Franciscanos

