Queridas familias:
Queremos compartir convosco unha selección de fotos da fantástica festa de Entroido que celebramos recentemente. Foi unha tarde chea de alegría, cor e moitísima participación, e estamos moi agradecidos pola vosa asistencia e colaboración. 💛
Grazas a todas as familias por vir e por facer desta celebración un momento tan especial para os nenos e nenas.
Parabéns tamén ás persoas gañadoras do desfile de disfraces, que nos sorprenderon coa súa creatividade e entusiasmo 👏🏆
Agardamos de corazón que o pasarades tan ben como nós organizándoo e que gardedes un fermoso recordo deste Entroido.
Vémonos na próxima actividade! 🎈
Unha aperta,
ANPA











