🎉 ¡Gran Festa de Fin de Curso da ANPA Franciscanos 2026! 🥳

O curso remata e toca celebralo por todo o alto! Desde a ANPA estamos a organizar unha tarde espectacular para que os nosos nenos e nenas se despidan do ano escolar coa maior dos seus sorrisos.

Tomade nota de todos os detalles para non perderdes nada:

📅 Cando? O vindeiro venres 12 de xuño.

📍 Onde? No patio do colexio.

⏰ Horario da festa: De 16:30 h a 20:00 h.

⚠️ Información importante de Organización e Acceso

Para que a festa sexa un éxito e todo transcorra de forma segura, pedímosvos que prestedes especial atención ás seguintes normas de organización:

🚪 Horario de entrada estricto: Por motivos de seguridade e organización, prestade atención a que non podemos ter a unha persoa na porta durante toda a tarde. Por iso, a entrada ao patio estará aberta unicamente de 16:30 h a 18:00 h. Rogamos puntualidade, xa que despois desa hora non se poderá acceder ao recinto.

👥 Actividade exclusiva: Lembrade que esta festa é un evento exclusivo para familias socias da ANPA.

✍️ Inscrición obrigatoria: É imprescindible apuntarse antes do evento. Podedes facelo por dúas vías:

Presencialmente na Secretaría do colexio.

Enviando unha mensaxe ao WhatsApp da ANPA as 24 horas: 623 540 153.

⚠️Data límite mércores 10 xuño ao peche de secretaria as 18 horas.

📋 Autorizacións para menores: Se ides levar á festa a algún neno ou nena que non sexa o voso fillo/a ou titorizado/a legal, é completamente obrigatorio presentar unha autorización asinada. Dispoñible no colexio ou na web (www.ampafranciscanoslugo.es)

👉 PREMA AQUÍ PARA APUNTARSE POLO WHATSAPP DA ANPA

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *