🍂 Magosto do ANPA Colexio Franciscanos – Grazas por acompañarnos! 🌰

Este venres celebramos no Colexio Franciscanos o noso Magosto, unha das tradicións máis queridas do outono en Galicia. Foi unha tarde chea de boa compañía, castañas asadas, música e ledicia para grandes e pequenos. 🍁

Queremos agradecer de corazón a todas as familias que se achegaron, participaron e colaboraron para que a festa fose un éxito. Grazas tamén a Paco Pakolas, que fixo gozar aos nenos e nenas cun concerto cheo de enerxía e diversión. 🎶

Deixámosvos algunha foto e vídeo 📸🎥 para que poidades revivir algúns dos mellores momentos.

Grazas de novo pola vosa implicación e polo bo ambiente que se creou.

Entre todos facemos comunidade. Entre todos facemos AMPA. 🤝