⚠️🚨 Aviso importante 🚨⚠️

COMUNICADO OFICIAL: ANPA P.P. FRANCISCANOS LUGO
ASUNTO: Ampliación do prazo para a Festa de Entroido
Estimadas familias:
¡Temos moi boas noticias! Debido ao grande interese amosado e para que ninguén quede fóra da nosa gran Festa de Entroido, decidimos ampliar o prazo de inscrición para que todos poidamos gozar xuntos desta celebración.
Queremos que este venres 13 de febreiro sexa un día inesquecible no soto da Praza de Abastos, así que se aínda non vos apuntastes, ¡este é o momento!
O prazo límite para anotarse será:

  • Mañá, venres día 13, ata as 11:00 da mañá.
    ¿Como podedes inscribirvos?
  • Presencialmente na Secretaría do colexio.
  • Enviando un WhatsApp ao teléfono da ANPA: 623 540 153.
    Recordade que haberá chocolate con churros, desfile e grandes premios para os mellores disfraces. Non perdades a oportunidade de pasar unha tarde de «buen rollo» e moita diversión coa comunidade escolar.
    ¡Agardámosvos mañá ás 17:00 horas!
    Atentamente,
    A Directiva da ANPA P.P. Franciscanos Lugo